O CD Castro organiza o seu cuarto torneo de fútbol 7

LugoXa | TerraChaXa
O torneo disputarase no anexo Arturo Pereiro do 11 ao 13 de xullo
torneo-futbol-7-castro
Cartel
7 Jul 2025

O CD Castro organiza a fin de semana do 11 ao 13 de xullo o cuarto torneo de fútbol sete.

O torneo disputaranse no anexo Arturo Pereiro e contarán con servizo de bar con bebidas e bocadillos.

O prezo da inscrición é de 150 euros, con seguro incluído, e haberá un máximo de 24 equipos con 12 xogadores por equipo como máximo.

O primeiro premio constará de 1000 puntos, o segundo serán 300 puntos e o terceiro e cuarto 150 puntos. Os catro primeiros clasificados recibirán un trofeo e, ademais, haberá un trofeo e premio de 150 puntos para o mellor dos equipos do Concello non clasificado entre os catro primeiros. Recoñecerase tamén ao mellor porteiro, mellor xogador e máximo goleador.

⚙ Configurar cookies
0.19065999984741