O CD Castro organiza un novo campionato de tute con premios e moita diversión asegurada

LugoXa | TerraChaXa
O torneo, que terá lugar a partir das 16:00 horas en fronte do Polbo (antiga biblioteca), está limitado a un máximo de 32 parellas
campionato-tute-castro
8 Apr 2025

O próximo sábado 12 de abril celebrarase en Castro de Rei unha nova edición do Campionato de Tute CD Castro, unha cita moi agardada polos afeccionados ás cartas e que promete unha tarde de competición e bo ambiente.

O torneo, que terá lugar a partir das 16:00 horas “en fronte do Polbo” (antiga biblioteca), está limitado a un máximo de 32 parellas. A inscrición custa 100 puntos por parella, e os interesados poden anotarse nos teléfonos 627 90 36 92 ou 620 54 33 55.

A competición estará dividida en dúas fases: unha fase de gañadores e outra de repesca, ambas con atractivos premios. Na fase principal, os catro primeiros clasificados recibirán 900, 300, 200 e 100 puntos respectivamente. Na fase de repesca, os premios serán de 300 e 200 puntos para os dous primeiros, mentres que o terceiro e o cuarto levarán lotes de produtos.

E como non podía faltar, durante o torneo haberá “pinchos a esgalla”, con comida para todos os participantes e asistentes, baixo o lema “Que non falte de nada!”

Dende a organización lembran que os premios poderán adaptarse no caso de que non se completen todas as parellas previstas.

⚙ Configurar cookies
0.15743899345398