O CD Castro retoma a competición engadindo un equipo filial

TerraChaXa | LugoXa
Os xogadores do CD Castro ao completo deron comezo á tempada cos primeiros adestramentos baixo a dirección de Juan Peón.
cd castro adestramentos senior
18 Ago 2021

Os xogadores do CD Castro ao completo deron comezo á tempada cos primeiros adestramentos baixo a dirección de Juan Peón, que seguirá unha tempada máis no seu labor á fronte do equipos sénior.

Ademais de Juan Peón, o conxunto conta coa renovación de Josema e Yebra na portería, o defensa Raúl, Hugo B, Rober e Mangel, que seguirá como xogador e como axudante na formación da base do conxunto. Así mesmo, continúan Lois. Chufi, Brais, Nacho, Dani, Noel, Adrián, Yoel Astariz, Niko Edrosa, Sergio Quiñones, Sergio Begonte, Play e Isacc. Ademias Joel, Torito e José Ónega (que ascenderon a pasada campaña desde xuvenís) repiten. Así mesmo, continuará Dumi, coordinador da escola de base, director deportivo e valedor do proxecto actual e capitán dentro e fora do céspede. Foi tamén o que dirixiu ao equipo de infantil no seu ascenso á categoría autonómica. Xunto a el incorpórase Mauro tamén como adestador da base.

Entre as novas incorporacións ao club figura Adrián, ex xogador do Outeiro de Rei e que tamén militou nas categorías inferiores do Lugo. Súmase Samu Quintela, procedente do Ribadeo, que tamén continuará como adestrador na base.

O club presentou tamén a Iván Navia, ex xogador do CD Lugo e Rácing de Ferrol, que chega a Castro procedente do Residencia na parte ofensiva polas bandas. Boja volve tamén ás filas vermellas. De volta tamén está Iago, tras dúas tempadas no Vilalbés. Outras das incorporacións son as de de Fer (Nandius) e Mateo Gorgoso, formados na canteira do Residencia e que veñen do Páramo. Juanma tamén é outras das pezas que regresa ao club, tras dúas tempadas na Pastoriza e Ribadeo e que tamén se incorpora como adestrador na escola de base. 

Ademais, tamén se incorporan da categoría inferior Pablo, Diego, Champi e Asier.

O Club contará tamén este ano cun equipo filial para acoller, que comezará na categoría máis baixa e que estará ao cargo de Isaac, equipo non que se intentará acoller aos xogadores da base que rematan a súa fase como xuvenís. Este novo equipo tamén deu comezo aos seus adestramentos.

cd castro senior adestramentos
0.20659995079041