O CD Foz prepárase para o inicio da competición en Preferente
TerraChaXa | AMariñaXa
O CD Foz prepárase para o inicio da competición en Preferente. Xa pasaron a primeira proba PCR e todos deron negativo
10 Xan 2021
O CD Foz prepárase para a nova edición da Liga en Preferente "e está facendo os deberes para o posible comenzo da Liga de fútbol" en xaneiro ou febreiro.
Así o indicou o presidente do club, José María García Rivera, que asegura que "a directiva traballa nun escenario de respeto absoluto ás medidas sanitarias, que son as que mandan nestes casos, pero ao mesmo tempo aceptamos as directrices da Federación Galega de Fútbol".
O pasado venres os xogadores, técnicos e delegados realizaron a correspondente PCR que terán que pasar cada 14 días para poder adestrar en grupo e todos os resultados foron negativos.
Na primeira fase da competición o CD Foz mediríase aos clubes lucenses de Preferente e na segunda aos clubes coruñeses. Todos os partidos serán a dobre volta.
A nova directiva do CD Foz traballa arreo para ter afinadas todas as medidas anti covid.
"As novidades da actual estrutura deportiva son a aposta pola canteira, a cal comezará a traballar e xogar cando o organismo pertinente dea luz verde nun contexto de absoluta seguridade sanitaria. Os xuvenís, cadetes e infantis son a nosa aposta que queremos potenciar", indican dende o club.
Por outra banda, informaron aos socios que a cuota será anual e pasarase a finais de xaneiro do ano correspondente. García Rivera no seu comunicado aos socios e simpatizantes afirma que "facemos un chamamento á nosa afección, aínda que comprendemos as dificultades existentes, debemos apoiar ao noso club na medida do posible, un bon grupo de rapaces dependen de elo e entendemos que deben ter as máximas prestacións para competir dignamente".