O CD Lugo escolleu Pol para xogar un partido da súa pretempada

Pol
LugoXa | TerraChaXa
Será este mércores, 7 de agosto, ás 19.00 horas
partido-cd-lugo-en-pol
Cartel
4 Ago 2024

O CD Lugo escolleu o novo campo municipal de Pol para celebrar un partido de pretempada ante o Spórting de Gijón. O duelo terá lugar os mércores 7 de agosto, ás 19.00 horas e será unha boa ocasión para ver enfrontarse a dous grandes da competición nacional.

Este partido xógase en Pol grazas ao acordo acadado entre a presidencia do club albivermello e o alcalde, Lino Rodríguez Ónega. Sen dúbida, a categoría de primeiro nivel as instalacións axudou a tomar esta decisión.

O conxunto albivermello xogará un total de seis partidos que servirán de preparación para a tempada 2024/25 en Primeira Federación. Dos seis partidos dous xogan como locais, o primeiro tivo lugar en Vilalba, conta o Deportivo, e o outro será en Pol. No resto tócalle aos lugueses viaxar ao Vao, Portonovo, Xinzo de Limia e Pasarón.

Será esta unha das actividades deportivas que animarán o programa estival na localidade e antes de que o club local comece a súa preparación de cara á nova tempada na que xogará en Preferente logo do ascenso.

Por outra banda, a SD Pol continúa co seu obxectivo de manter a escola deportiva trala posta en marcha do equipo xuvenil e de varios de fútbol 8. Polo tanto xa está aberto o prazo para inscribirse no club cara a nova tempada, que corresponden a nenos nados entre os anos 2017 e o 2009. A captación de xogadores está aberta para nenos e nenas destas idades de toda a comarca de Lugo e a Terra Chá.

As persoas interesadas poden inscribirse no correo sociedadedeportivapol@gmail.com onde tamén se lles informará das condicións e proxecto que teñen en marcha no club.

0.1148989200592