O CD Santaballés convoca unha Xunta Xeral Extraordinaria para a renovación da directiva

O Club Deportivo Santaballés convoca a todos os seus socios e socias a unha Xunta Xeral Extraordinaria que se celebrará o hoxe venres, 11 de abril, no seu local social en Santaballa. A primeira convocatoria está fixada para as 21:00 horas e, de ser necesario, a segunda terá lugar ás 21:30 horas.
Esta asemblea ten como principal obxectivo tratar asuntos relevantes para o futuro do club, entre os cales destaca a dimisión da actual directiva e a elección dunha nova Xunta Directiva, así como a atribución das facultades aos seus novos membros. Ademais, procederase á lectura e aprobación, se corresponde, da acta da sesión anterior e abrirase unha quenda de rogos e preguntas.
O presidente do club, Jesús Naseiro Naseiro, anima á máxima participación dos socios e socias nesta convocatoria, considerada clave para o funcionamento da entidade deportiva nos vindeiros anos.