O CD Xermade fíxose co Trofeo Manuel González Fernández
TerraChaXa
Venceu por 1-2 ao Cazás nun enfrontamento que levaba 14 anos sen producirse
O equipo gañador do Trofeo
19 Ago 2024
O CD Xermade fíxose este domingo co Trofeo Manuel González Fernández de Fútbol, na que é a súa XII edición.
O equipo da capitalidade venceu no último partido do torneo ao Cazás por 1-2 no duelo disputado no campo do Cabreiros. Este enfrontamento levaba 14 anos sen producirse.
Na loita polo terceiro e cuarto posto, disputado no campo do Roupar o sábado, o local caeu ante o Cabreiros nos penaltis despois de rematar o duelo cun 1-1.
O Xermade chegou á final despois de vencer con rotundidade ao Roupar na semifinal, por 6-1. Pola súa banda, o Cazás venceu ao Cabreiros no primeiro partido por 3-1.