O CD Xermade logra a Copa Concello tras vencer ao SDC Cabreiros
TerraChaXa
O equipo proclamouse campión na final disputada en Cazás cun axustado 1-0

18 Aug 2025
O CD Xermade proclamouse campións da Copa Concello tras lograr unha vitoria por 1-0 ante o SDC Cabreiros na final que se disputou en Cazás.
O encontro estivo marcado pola intensidade e a emoción ata o último minuto, cun gol decisivo que deu ao Xermade o trofeo e desatou a ledicia entre xogadores e afeccionados.
Este triunfo consolida ao CD Xermade como un dos referentes do fútbol local, celebrando un título que reflicte o seu esforzo e compromiso ao longo da tempada.