Para esta cambio, houbo acordo primeiro do claustro de profesores, despois do consello escolar e contaron tamén co informe favorable do Servizo de Transportes da Xefatura Territorial de Lugo.
O Ceip Avelino Díaz de Meira aproba a xornada única
Tal e como pasou o luns co colexio O Salvador da Pastoriza, onte o CEIP Poeta Avelino Díaz de Meira aprobou o cambio á xornada única que entrará en vigor o próximo curso.
O 71,6% das familias do colexio de Meira respaldaron o cambio á xornada única lectiva. Este último pase pecha un proceso iniciado fai meses e ao que só lle resta ser aprobado pola xefatura provincial de educación.
Dos 127 electores posibles do centro, votaron 114, o 89,7% e deles 91 escolleron o cambio de xornada. Ademais, votaron en contra 23. Para que a xornada única fora aprobada era necesario o acordo o 58% do censo dos pais, nais e titores legais dos alumnos.
O cambio de xornada proposto polo centro practicamente non implica cambios no horario de entrada e saída do centro nin tampouco nos servizos de transporte e comedor. O horario de entrada do centro adiántase 5 minutos, ás 9.10 horas, e rematarán ás 14.10 antes do xantar. Os que queden a xantar terán este servizo ata as 14.45, cando darán comezo diferentes actividades para os que o desexen, os que no e teñan que esperar ao transporte, terán o seu propio lugar. O bus volverá ás casas ás 15.45 como agora.
O cambio implicou un reaxuste dun descanso que había no medio das horas lectivas que pasa a situarse despois de xantar.