O CEIP da Pastoriza recibe unha distinción por un proxecto conxunto cun centro de Zaragoza

TerraChaXa
O CEIP O Salvador recibe unha distinción do Ministerio de Educación e Formación Profesional por un proxecto educativo.
ceip a pastoriza o salvador
2 Feb 2022

O Ministerio de Educación e Formación Profesional recoñeceu o valor de 30 proxectos educativos na promoción da inclusión e a innovación educativa aos que concedeu axudas por valor dun millón de euros. A particularidade é que estes proxectos están desenvoltos por agrupacións de centros públicos de distintas comunidades autónomas.

Na provincia de Lugo o CEIP O Salvador da Pastoriza, en convenio co CRP Bajo Gállega, de Leciñena, Zaragoza, recibiron unha destas distincións polo seu traballo Sostenibilidad, salud y deporte en el medio rural.

Do centro lugués participaron 92 alumnos que manterán un programa de actividades vinculadas ao proxecto xunto ao centro rural aragonés.

En total, foron recoñecidos 105 centros de 15 comunidades autónomas, Ceuta e Melilla recibiron axudas de ata 10.800 euros para financiar estes proxectos colaborativos cuxo principal obxectivo é potenciar a equidade e a inclusión educativa, pero que tamén contribúen a fomentar iniciativas de innovación e investigación, contribuír ao desenvolvemento das competencias clave para a aprendizaxe permanente, desenvolver a capacidade de traballar en equipo, formar aos estudantes en contornas dixitais e virtuais de aprendizaxe, así como abrir os centros educativos ao exterior.

As agrupacións están formadas por dúas ou máis centros de diferentes comunidades ou cidades autónomas. Un equipo de docentes ou outros profesionais de cada centro participante elabora e desenvolve un proxecto de maneira conxunta cos centros que forman a súa agrupación. Á vez, cada centro realiza un proxecto específico que contextualiza o proxecto común á realidade dese centro.

Todo isto leva a cabo nunha contorna colaborativa en liña do Ministerio no que os docentes interesados en participar nesta convocatoria explican os posibles proxectos que queren desenvolver e entran en contacto, a través dun foro, con docentes doutros centros e intereses similares. Na convocatoria de 2021, 700 profesores e profesoras rexistráronse na plataforma.

Os proxectos nados a través desta contorna e premiados nesta convocatoria desenvolveron, por exemplo, un xel hidroalcohólico dentro dun proxecto sobre etnobotánica e sustentabilidade; conectaron centros das comunidades insulares a través do proxecto ‘Dúas illas, dous arquipélagos, un obxectivo común’; abordaron temas como a saúde emocional, a ciencia, a natureza ou ‘A escola rural como modelo inclusivo e elemento dinamizador da cultura e o desenvolvemento da contorna’, desenvolto por tres colexios rurais de Toledo, Asturias e Madrid.

A contorna colaborativa para a convocatoria de 2022 abrirase nos próximos días de modo que os docentes interesados poderán rexistrarse e empezar a intercambiar ideas sobre futuros proxectos. Ademais, o Ministerio ten previsto aumentar a dotación orzamentaria co fin de poidan participar máis centros.

0.15703392028809