O CEIP de Begonte acolle unha charla para pais sobre límites e normas

TerraChaXa
Este mércores, 8 de maio, o CEIP Plurilingüe Virxe do Corpiño levará a cabo un obradoiro de disciplina positiva, da man da profesora Mercedes de Santaló Ossorio.
colexio escola educacion nenos
6 May 2024

Este mércores, 8 de maio, o CEIP Plurilingüe Virxe do Corpiño levará a cabo un obradoiro de disciplina positiva, da man da profesora Mercedes de Santaló Ossorio.

Límites e Normas. Que son os límites e por que son necesarios? Como se fixan, se adestran e acompañan de forma firme e amable? Hai outras alternativas aos gritos e castigos?… Eses serán os temas sobre os que se falará nesta sesión, que se desenvolverá ás 16.15 horas na biblioteca do centro.

A sesión de formación vai dirixida a calquera familiar do alumnado e é totalmente gratuíta.

Para poder asistir, e por cuestións organizativas, é necesario comunicar a asistencia previamente chamando ao cole no 982870089, ou ben mandando un email á ceip.virxe.corpinho@edu.xunta.gal, comunicando o número de asistentes.


Warning: Trying to access array offset on value of type null in /var/www/vhosts/editorialtristram.es/httpdocs/wp-content/themes/plosa/stats/stats_chatgpt.php on line 634

Warning: Trying to access array offset on value of type null in /var/www/vhosts/editorialtristram.es/httpdocs/wp-content/themes/plosa/stats/stats_chatgpt.php on line 635
0.16863417625427