O CEIP de Xermade celebra este xoves unha xornada de portas abertas

O CEIP Plurilingüe de Xermade organiza unha xornada de portas abertas este xoves, 20 de febreiro, ás 10:30 horas, dirixida ás familias interesadas en coñecer o centro educativo e a súa oferta formativa.
O centro, que conta cun horario lectivo de 09:40 a 16:00 horas, ofrece diversos servizos complementarios, como comedor con cociña propia, actividades extraescolares organizadas polo Concello e a posibilidade de madrugadores para facilitar a conciliación familiar. Ademais, dispón de proxectos innovadores, entre os que destacan a súa biblioteca escolar, un horto educativo con sistema de compostaxe e un auxiliar de conversa nativo/a para reforzar o seu carácter plurilingüe.
As familias interesadas poden obter máis información sobre o proceso de admisión e matrícula a través de la página web. Para confirmar asistencia ou resolver dúbidas, tamén poden contactar co centro no teléfono 982 870 970 ou mediante o correo electrónico ceip.xermade@edu.xunta.gal.
O CEIP Plurilingüe de Xermade convida a toda a comunidade educativa a coñecer as súas instalacións e proxectos nunha mañá aberta á participación das familias.