O CEIP Insua Bermúdez acolle a estudantes de Guimarães nun intercambio cultural do Eixo Atlántico

TerraChaXa
Durante a súa primeira xornada en Vilalba, os estudantes portugueses tiveron a oportunidade de coñecer a tradición queixeira da comarca
estudante-guimaraes-eixo-atlantico-vilalba
6 May 2025

Vilalba foi escenario esta semana dun novo capítulo do programa de encontros escolares promovido polo Eixo Atlántico, coa chegada de 17 alumnos e alumnas da Escola de Briteiros, situada en Guimarães. Esta visita forma parte dunha iniciativa de intercambio que tamén levará ao alumnado vilalbés á cidade portuguesa nos próximos días.

Durante a súa primeira xornada en Vilalba, os estudantes portugueses tiveron a oportunidade de coñecer a tradición queixeira da comarca coa visita á queixería Don Crisanto, en Lanzós. A actividade continuou cun percorrido pola historia local, da man da Escola de Teatro de Vilalba, que lles presentou a lenda e o pasado da emblemática Torre dos Andrade.

As actividades proseguirán ao longo da semana, co obxectivo de ofrecer unha visión ampla da riqueza cultural, histórica e natural da Terra Chá. O Concello de Vilalba agradeceu a colaboración do CEIP Insua Bermúdez, da queixería Don Crisanto, do Consello Regulador da DOP San Simón da Costa, do Parador de Vilalba e da Escola de Teatro, cuxo compromiso fixo posible esta experiencia de irmandade e aprendizaxe compartida entre territorios do norte peninsular.

⚙ Configurar cookies
0.1796350479126