O Ceip Insua Bermúdez conmemora o seu 40 aniversario

TerraChaXa
O Ceip Insua Bermúdez conmemora este ano o seu 40 aniversario con actividades vinculadas ao mundo artístico, e ademais servirá para facerse eco do artista vilalbés do cal leva o nome o centro.
Captura de pantalla 2018 03 22 a las 9.45.30
25 Mar 2018

O Ceip Insua Bermúdez conmemora este ano o seu 40 aniversario con actividades vinculadas ao mundo artístico, e ademais servirá para facerse eco do artista vilalbés do cal leva o nome o centro.

A primeira das actividades centrais do ano que puxo en marcha o centro foi achegar aos seus alumnos unhas mostras dos pintores galegos máis representativos, como Laxeiro, Colmeiro ou Insua Bermúdez. Con esta premisa os alumnos están facendo réplicas de cadros de diferentes artistas e expoléndoos polos pasillos do centro. Ademais, visitarán museos onde hai obras destes pintores, para que os cativos poidan velas en vivo.

O acto principal do 40 aniversario será previsiblemente en maio ou finais do curso escolar e consistirá nun mosaico de 7,45 metros de ancho e 1,56 de alto, conmemorativo coa imaxe de Antonio Ínsua Bermúdez, o seu nome e as datas 1977-2017. Será un mosaico similar ao que se fixo de Manuel María polo día das Letras Galegas 2016. Estará creado polos alumnos do centro, con azulexos de cores, e  colocarase na entrada do colexio.  Tamén hai unha exposición do propio artista, coas súas obras máis salientables, que se atopan no museo provincial.

Metodoloxía do mosaico
Para elaborar este mosaico, primeiro elíxese un debuxo, cuadricú8lase, pásase a formato grande 3x3 m polo sistema de cuadrículas, e a continuación énchese con pedaciños de azulexo segundo as cores do debuxo. Ao rematalo, faise un engrudo para cubrir en varias capas o mosaico, deixando que se sequen ben, así cando os azulexos están ben adheridos ao papel pódense transportar á parede final. Por último preparase a parede con cemento cola, péganse os pedaciños de engrudo e azulexo ata completar todas as cuadrículas. Límpanse as xuntas entre azulexos e como remate danlle unha capa de vernis mate para quitar o brillo que provoca reflexos.

Manuel maria
0.12916994094849