O CEIP Insua Bermúdez convoca o concurso escolar Benxamín Paz

TerraChaXa
O CEIP Antonio Insua Bermúdez de Vilalba vén de convocar co XXV edición do Certame Literario Benxamín Paz de narrativa, poesía e debuxo ao que está invitado a participar todo o alumnado de Educación Infantil e de Primaria pertencente a centros educativos do concello de Vilalba.
certame literario benxamin paz portad
6 May 2024

O CEIP Antonio Insua Bermúdez de Vilalba vén de convocar co XXV edición do Certame Literario Benxamín Paz de narrativa, poesía e debuxo ao que está invitado a participar todo o alumnado de Educación Infantil e de Primaria pertencente a centros educativos do concello de Vilalba.

Establécense tres modalidades, poesía e narrativa para Educación Primaria, e debuxo, para Educación Infantil. Os traballos de poesía e narrativa, de temática libre, estarán escritos en lingua galega conforme á normativa vixente. Os textos deberán ser inéditos e totalmente orixinais. Cada participante pode presentar un único traballo. Poderán presentarse a ordenador ou manuscritos, en papel DIN A-4, por unha soa cara.

Os debuxos presentaranse en cartolina con formato DIN A-4. Poderá empregarse calquera técnica e a temática será libre.

Os traballos serán dirixidos ao colexio antes do 24 de maio e contará con varios premios. Haberá 1 gañador por cada ciclo cun lote de material de agasallo. A entrega de premios efectuarase nos centros educativos no mes de xuño.


Warning: Trying to access array offset on value of type null in /var/www/vhosts/editorialtristram.es/httpdocs/wp-content/themes/plosa/stats/stats_chatgpt.php on line 634

Warning: Trying to access array offset on value of type null in /var/www/vhosts/editorialtristram.es/httpdocs/wp-content/themes/plosa/stats/stats_chatgpt.php on line 635
0.19511604309082