O CEIP Insua Bermúdez recolleu 78 kilos de alimentos e produtos de hixiene

TerraChaXa
Cruz Vermella Vilalba desprazouse ao CEIP Antonio Insua Bermúdez da localidade para recoller unha #doazón de 78 kgs de alimentos non perecedoiros e de produtos de hixiene persoal.
4 Xan 2024

Cruz Vermella Vilalba desprazouse ao CEIP Antonio Insua Bermúdez da localidade para recoller unha #doazón de 78 kgs de alimentos non perecedoiros e de produtos de hixiene persoal.

Esta entrega provén da campaña de recollida de alimentos que a ANPA do centro educativo puxo en marcha a través dos alumnos e as súas familias.

Os alimentos e produtos de hixiene recollidos irán destinados integramente a familias en situación de vulnerabilidade.

0.1591420173645