O CEIP Lagostelle de Guitiriz estrea un mural dedicado a Rosalía

TerraChaXa
O CEIP Lagostelle de Guitiriz estrea un mural dedicado a Rosalía. A obra foi elaborada por Concepto Circo en colaboración co alumnado.
mural rosalia colexio lagostelle guitiriz
26 Feb 2022

O CEIP Lagostelle de Guitiriz festexou o día dedicado a Rosalía de Castro coa inauguración dun mural dedicado á autora galega no centro escolar.

A obra foi elaborada por Concepto Circo en colaboración co alumnado. Ademais, realizaron un vídeo sobre os traballos de pintado que pode verse nas redes sociais e na web oficila do centro.

A realización de murais polo día de Rosalía fíxose o ano pasado en numerosos centros galegos, moitos deles da provincia e este ano decidiron sumarse á iniciativa en Guitiriz, pero facéndoo en colaboración co alumnado.

0.098857879638672