O CEIP Lagostelle desenvolve un programa educativo contra a violencia de xénero
A Anpa Lagostelle do CEIP Plurilingue Lagostelle de Guitiriz organiza, en colaboración co claustro de profesores, para todo o alumnado do centro o programa Rompendo moldes, o abeiro das axudas dirixidas ás asociacións de nais e pais do alumnado de centros educativos de Galicia coa finalidade de potenciar a promoción da igualdade e a prevención da violencia de xénero.
Durante o martes 23 e o mércores 24 de novembro o alumnado desfrutará, durante o horario lectivo, duns obradoiros impartidos polo persoal de Imaxina. Estes obradoiros foron adaptados para cumprir con toda as medidas sanitarias que marca o protocolo da covid- 19.
E para o martes 23 de 18 horas, esta prevista unha charla para as familias de Prevención da violencia de xénero, protocolo de actuación e novas masculinidades.
As actividades programadas sería un contacontos para educación infantil co título"Mercedes quere ser bombeira.
Mediante este conto preténdese que o alumnado valore e asimile os valores de igualdade entre sexos e se encamiñe cara a eliminación dos roles de xénero. As actividades complementarias, sempre adaptadas a cada idade, estarán enfocadas, a través da observación de imaxes e de xogos, a detectar as ideas previas para traballar conceptos como: igualdade, desigualdade, traballo, xénero, rol...
Para primeiro e segundo de primaria haberá unha charla teatralizada para captar a súa atención e traballar os conceptos, roles e estereotipos de xénero, así como a posta en valor dunha sociedade igualitaria. Tras a introducción a conceptos básicos acompañada de imaxes proxectadas realizaranse as seguintes dinámicas:
- Que sabes de igualdade?: por grupos terán que responder preguntas de verdadeiro ou falso referentes aos conceptos de igualdade e roles de xénero.
- Dinámica: Traballo desigual.
- Reflexión: realizarase un pequeno debate sobre o observado e experimentado na dinámica.
As actividades para terceiro e cuarto de Primaria consisten nunha charla e videoforum profundizando nos conceptos de igualdade, prevención da violencia de xénero e novas masculinidades. Tras a introdución a conceptos básicos acompañada de imaxes proxectadas realizáranse as seguintes dinámicas.
-
- Que sabes de igualdade?: por grupos deberán responder preguntas de verdadeiro ou falso referentes aos conceptos de igualdade e roles de xénero.
- Redes sociais: nesta dinámica deben crear un “perfil de Instagram” nun folio e mediante una serie de preguntas tomarán consciencia da exposición que teñen nas redes sociais.
- Analizamos a imaxe da muller distorsionada do entorno do alumnado (en función da idade) tanto na publicidade, debuxo animados, series de tv, etc.: En pequenos grupos, cada un vai ter unha imaxe dun obxecto que van a ter que vender. Deben pensar un eslogan e un anuncio para vender ese producto aos seus compañeiros, sen utilizar ningún estereotipo sexista.
Finalmente, para os maiores do colexio haberá un rolle play e un debate afondado nos conceptos de igualdade, novas masculinidades procurando os seguintes obxectivos:
-
- Introducir a perspectiva de xénero e igualdade na vida cotiá.
- Diferenciar entre roles clásicos masculinas e roles clásicos femininos
- Mostrar as cualidades das novas masculinidades.
Finalizarán cunha dinámica de grupo que consistiría en gravar un video de 3 min para prevenir as desigualdades de xénero no centro educativo.