O CEIP O Salvador acolle unha charla sobre necesidades educativas especiais
TerraChaXa
A Anpa Ceip O Salvador organizou para este venres, 13 de outubro, unha nova actividad, atendendo as suxestións realizadas pola comunidade educativa.
10 Out 2023
A Anpa Ceip O Salvador organizou para este venres, 13 de outubro, unha nova actividad, atendendo as suxestións realizadas pola comunidade educativa.
Así, teñen prevista unha charla sobre os signos de alerta nos nenos con necesidades educativas especiais ás 17.00 horas no propio centro.
Esta estará a cargo de dúas grandes profesionais do centro Neuritas, unha psicóloga e unha logopeda, que van explicar a qué se debe estar atento cos pequenos para detectar as necesidades que poidan ter, e tamén como asumilo e darlles resposta.
A charla está aberta a toda a poboación. Pódese anotar no 659 032 194.