O Ceip O Salvador da Pastoriza fará unha exposición de cabazas virtual

TerraChaXa | LugoXa
Responsables da anpa do colexio O Salvador da Pastoriza celebrarán este ano a súa tradicional exposición de cabazas con motivo da celebración do Samaín 2020.
cxg curia
26 Out 2020

Responsables da anpa do colexio O Salvador da Pastoriza celebrarán este ano a súa tradicional exposición de cabazas con motivo da celebración do Samaín 2020.

Debido á alerta sanitaria actual e para evitar aglomeracións, a exposición farase de forma telématica. O obxectivo é preparar as cabazas cada un na súa casa e enviar unha fotografía decorada ao 659 032 194 ou ao correo anpaceiposalvador@hotmail.com. A data límite será o 1 de novembro.

O día 2 publicaranse todas as fotos recibidas no facebook da anpa e a cabaza que reciba máis apoio recibirá un agasallo.

0.17902588844299