O CEIP O Salvador da Pastoriza organiza unha xornada de portas abertas este martes
TerraChaXa
A sesión desenvolverase entre as 16:00 e as 17:00 horas

16 Feb 2025
O vindeiro martes 18 de febreiro, o CEIP O Salvador, situado no concello da Pastoriza, abrirá as súas portas para que as familias interesadas poidan coñecer de primeira man as instalacións e o proxecto educativo do centro.
A xornada desenvolverase entre as 16:00 e as 17:00 horas, permitindo aos asistentes descubrir o ambiente de aprendizaxe e as actividades que se levan a cabo ao longo do curso.
Ademais, o período de inscrición para o novo alumnado estará aberto do 1 ao 20 de marzo. Para confirmar asistencia ou obter máis información, as persoas interesadas poden contactar co centro a través do teléfono 982 870 025.