O CEIP Otero Pedrayo de Rábade acolle tres sesións de contacontos o venres
O vindeiro venres, 15 de novembro de 2024, a Biblioteca do CEIP Otero Pedrayo de Rábade acollerá unha xornada especial de contacontos para nenos e familias do centro. A recoñecida contacontos Ana Meilán será a encargada de levar a cabo tres sesións diferentes para distintas idades, co obxectivo de fomentar a lectura e a creatividade en familia.
A xornada contará con tres sesións. A primeira (de 9:30 a 10:30) está dirixida ao alumnado de 5º e 6º de Primaria, onde Ana Meilán presentará o conto O que a serea esqueceu. Para esta sesión, cada neno/a deberá levar dous folios e un bolígrafo ou un lapis.
Na segunda sesión (10:45 - 11:45) orientada ao alumnado de 2º, 3º e 4º de Primaria, estará centrada no conto As manchas de Palmira. Nesta ocasión, os asistentes deberán levar un estoxo con pinturas e lapis.
A terceira (12:30 - 13:15) está dirixida aos nenos e nenas de Educación Infantil e 1º de Primaria, que desfrutarán do conto Quen vén esta noite.
Esta iniciativa, organizada pola Biblioteca do CEIP Otero Pedrayo en colaboración con Bibliotecas Escolares de Galicia e o programa Plambe, ten como obxectivo promover a lectura en familia e fortalecer o vínculo dos nenos co mundo dos contos.