O CEIP Otero Pedrayo de Rábade organiza desde o luns unha serie de actividades polo Samaín

LugoXa | TerraChaXa
Haberá unha exposición de vasoiras, un obradoiro de cociña, cine e contatontos, entre outras
samain-rabade
19 Out 2024

O CEIP Otero Pedrayo organiza varias actividades para celebrar o Samaín 2024, cunha ampla programación dirixida ao público infantil, que se desenvolverá entre o 21 e o 30 de outubro

Unha das principais atraccións será a Exposición de Vasoiras Terroríficas, dispoñible durante toda a semana. Ademais, os pequenos poderán gozar dunha serie de actividades moi diversas como un obradoiro de cociña o 28 de outubro e sesións de cine o 29.

O día grande será o 30 de outubro, con contacontos de medo, obradoiro de tatuaxes e a especial actividade de Pócema sanguenta.

O 30 de outubro, todos os nenos e nenas están convidados a asistir disfrazados para festexar o Samaín por todo o alto.

O CEIP Otero Pedrayo anima a todas as familias a participar nunha semana repleta de actividades divertidas e cheas de creatividade, perfectas para vivir a maxia do Samaín.

0.19716596603394