O Ceip Otero Pedrayo de Rábade pasará a ter xornada única

TerraChaXa
Pais e nais de alumnos do Ceip Otero Pedrayo de Rábade aprobaron por maioría a implantación da xornada única tras unha votación na que participaron o 82% dos pais dos pequenos.
5 Mar 2020

Pais e nais de alumnos do Ceip Otero Pedrayo de Rábade aprobaron por maioría a implantación da xornada única tras unha votación na que participaron o 82% dos pais dos pequenos.

No reconto, rexistráronse 68 votos a favor do cambio, 7 en contra e un voto en branco polo que o próximo curso unirase ao resto de centros que deron o cambio.

Os impulsores desta medida lembran aos pais que a xornada única garante cinco horas lectivas de clase, o funcionamento dos servizos complementarios de transporte escolar e comedor, un horario de atención ás familias e o mantemento do mesmo horario durante todo curso escolar.

0.13135504722595