O Ceip Riotorto organiza unha actividade con motivo do Día da Muller
TerraChaXa
5 Mar 2020
O 6 de marzo o Ceip Riotorto organiza unha actividade con motivo do Día da Muller.
A xornada será de 10 a 14 horas e dará comezo cun taller creativo sobre a violencia de xénero, acto seguido haberá unha charla.
Ás 12.30 horas será a quenda dun contacontos.
Esta actividade esta organizada polo Concello e a Asociación de Mulleres en Igualdade de Burela.