O CEIP Santa María das Pontes reduce un aula en Infantil
O CEIP Santa María das Pontes reunifirará este noa as unidades de educación infantil debido a un descenso de matriculación. Deste modo, de tres aulas pasará a ter dúas para o grupo de pequenos de 3, 4 e 5 anos de idade.
A nova xerou unha serie de comentarios que a Anpa viuse na obriga de desmentir: "Desde a Anpa do Ceip Santa María queremos aclarar que o noso centro non se pecha.É algo que nunca estivo enriba da mesa. Hai unha reestruturación debido a un descenso nas matrículas motivado pola baixa natalidade neses anos".
"Sabemos que é unha situación coxuntural que co esforzo de todos debemos tratar de que non se repita o vindeiro curso". O noso obxectivo é traballar sen descanso para lograr que se matriculen moitos nenos e nenas no noso centro, amosando todo o que temos que ofrecerlles", explicaron os pais.
O colectivo quixo tranquilizar ás familias asegurando que a calidade educativa do centro non se vai ver afectada e que os pequeno contarán con aulas con pouco alumnado "con docentes que son grandes profesionais que, como cada ano, darán o mellor de sí mesmos para que os nosos nenos e nenas reciban unha educación de calidade".
Para este curso, hai matriculados en infantil 5 nenos de 3 anos, 7 de 4 e 8 de 5. A estes súmanse os 150 que hai previstos no resto de cursos.
Os pais conclúen coa pedición de que "nos axudedes a parar esta vaga de rumores que tanto prexudican á comunidade escolar, que fan dano e crean falsas alarmas".