O CEIP Terra Chá acollerá un novo campamento de verán
Organízase por parte do centro de ocio MINDS e o CEIP Terra Cha unha segunda edición do campamento de verán do centro educativo aberto a todos os nenos e nenas de Vilalba, aínda que o alumnado do centro terá terá descontos especiais. Leva por título Verán Artístico.
O campamento desenvolverase en dúas quendas, a primeira entre o 12 e o 23 de xullo e a segunda do 9 ao 20 de agosto para nenos de 3 a 12 anos e sempre en horario de tarde, xa que será de 16.00 a 20.00 horas. Se hai xente, habilitarase un autobús dende Vilalba.
Realizarán actividades ao aire libre como manualidades, deportes, xogos de auga, sendeirismo, música, horta urbana, expresión corporal, contacto coa natureza, picnics e acampadas.
Como non podía ser doutro xeito, é obrigado o uso de máscara e aplicaranse as medidas hixiénico-sanitarias.
Os interesados en incribirse poden poñerse en contacto coa organización no teléfono 636 382 326.