O CEIP Terra Chá arranca a próxima semana un amplo programa de Nadal

TerraChaXa
O Ceip Terra Chá da parroquia vilalbesa de Román deseñou un amplo programa de actos do Nadal que se inicia este mércores, 14 de decembro.
nadal 2022 ceip terra cha portada
9 Dec 2022

O Ceip Terra Chá da parroquia vilalbesa de Román deseñou un amplo programa de actos do Nadal que se inicia este mércores, 14 de decembro e inclúe diversas actividades ata o xoves 22.

Así, o 14 a primeira e consistirá na cisita do apalpador a través de Anxo Moure, para continuar, ao día seguinte coa participación nun obradoiro de xoguetes no Castro de Viladonga para os de Primaria e unha visita ao Belén de Begonte, para os de Infantil.

O venres 16, asistirán á proxección da película Valentina, no auditorio de Vilalba e o luns 19 será a vez dun obradoiro de doces de Nadal, a cargo de Larilandia e a participación nas festas da presentadora de televisión Lucía Veiga.

Dedicarán o martes a unha visita á igrexa de Román e ao seu belén, no Día da Parroquia. O mércores 21 está programada unha viaxe a Viveiro para visitar o Belén a tamaño real, ir ao cine, tomar chocolate con churros na praza e participar nun xantar de Nadal.

Rematará o programa coa festa de final de ano, na que haberá cabalgata de Papá Noel, badaladas de final de ano e chocolate con churros.

nadal 2022 ceip terra cha
0.13414883613586