O CEIP Terra Chá contará dende o luns cun programa de Nadal
O CEIP Terra Chá inicia o luns unha semana na que o Nadal será o protagonista con numerosas actividades que darán comezo o luns cunha sesión de cine e a inauguración do alumeado de Nadal, realizado pola anpa do colexio.
O martes 14 os pequenos recibirán a visita do Apalpador, caracterización de Anxo Moure para seguir o mércores cunha xornada dedicada á Cruz Vermella, na que haberá simulacros e xogos para aprender a actuar en situacións e emerxencia.
A presentadora da televisión Noelia Rey visitará o centro o xoves para intercambiar experiencias cos pequenos. Rematarán a semana cunha visita á igrexa de Román e ao seu Belén.
Tamén haberá actividades de nadal o lunes 20 cunha visita a un belén de tamaño real e a proxección da película Encanto. Tamén será o día no que se celebrará un xantar.
O martes 21 será o último día de actividades cunha cabalgata de Papá Noel e as badaladas de fin de ano a cargo de Lucía Rodríguez, tamén presentadora de televisión. Rematarán cun chocolate con churros.