O Ceip Terra Chá crea un circuíto vial no parque infantil

TerraChaXa
O Ceip Terra Chá, situado na parroquia vilalbesa de Román, vén de rematar as obras de creación dun parque infantil que inclúe un circuíto de seguridade viaria no que os pequenos do colexio aprenderán o uso dos sinais de tráfico, dos semáforos e a circular polas estradas con seguridade.
Captura de pantalla 2020 02 28 a las 10.31.20
3 Mar 2020

O Ceip Terra Chá, situado na parroquia vilalbesa de Román, vén de rematar as obras de creación dun parque infantil que inclúe un circuíto de seguridade viaria no que os pequenos do colexio aprenderán o uso dos sinais de tráfico, dos semáforos e a circular polas estradas con seguridade.

Neste circuíto, que ten unha extensión de 160 metros cadrados, hai unhas pequenas motos, que chegaron ao centro en virtude dun acordo asinado polo colexio e por Lugauto BMW.

O financiamento da obra, que tiña un orzamento de 20.000 euros, realizouse a través plan Proxecta, do que forma parte o colexio vilalbés.

Ademais, do circuíto, o colexio conta tamén cun parque de xogos feito de novo con columpios de seguridade e tobogán así como cun novo chan e beirarrúas.

Os pequenos do colexio xa estrearon as novas instalacións divertíndose mentres aprenden eduación vial.

educacionvial2
educacionvial1
0.1532940864563