O Ceip Terra Chá crea unha axuda para impresión de material e presta ordenadores
O CEIP Terra Chá vén de anunciar unha axuda para que todo o seu alumnado poda imprimir o material que os mestres están a publicar na web do colexio.
Esta axuda é para pequenos de infantil e primaria e estenderase co 15 de abril ao 15 de maio en principio e dependendo de como evolucione a crise. Cada alumno recibirá un bono de 5 euros como máximo para gastar no período de tempo descrito e só poderá empregarse en material do centro, cun máximo de cen fotocopias a unha cara en branco e negro.
A entrega de fotocopias será os mércores e venres en horario de mañá en Carlin Vilalba, que controlará o gasto mensual e non será necesario presentar ningunha documentación do centro xa que controlará todo o gasto.
O prazo para solicitar a axuda é do 6 ao 8 de abril a través do correo electrónico ceip.tera.cha@edu.xunta.es poñendo o nome do alumno e o curso. Tamén pode solicitarse por whasapp no teléfono 651 100 111.
Así mesmo, facilitará ordenadores a aqueles pequenos dos catro primeiros cursos de primaria que non teñan un propio e que se atopa en situación de vulnerabilidae. Os de 5º e 6º de Primaria xa contan con ordenador propio do programa Adixgal.
Teñen dereito a un ordenador aqueles alumnos que son usuarios gratuítos ou pagan un euro polo servizo de comedor. Entregarase só un ordenador por familia e os que teñan irmáns maiores no Edixgal deberán compartir ese.
O prazo de solicitude das axudas é o mesmo así como o proceso de solicitude.