O Ceip Terrá Chá de Román acolle de novo en xullo un campamento de verán
Organízase por parte do centro de ocio MINDS e o Ceip Terra Cha unha nova edición do campamento de verán do centro educativo aberto a todos os nenos e nenas de Vilalba, aínda que o alumnado do centro terá terá descontos especiais.
O campamento desenvolverase entre o 11 e o 22 de xullo para nenos de 3 a 12 anos e sempre en horario de tarde, xa que será de 16.00 a 20o.00 horas.
Realizarán actividades ao aire libre como manualidades, deportes, xogos de auga, sendeirismo, música, horta urbana, expresión corporal, contacto coa natureza, picnics e acampadas.
O prezo do campamento será de 70 euros para unha semana e 110 para dous para os que non sexan alumnos do colexio.
Os interesados en incribirse poden poñerse en contacto coa organización na seguinte ligazón.