O CEIP Terra Chá de Vilalba abre este mércores o programa de Nadal
O CEIP Terra Chá organiza un completo calendario de actividades para celebrar o Nadal 2024, no que tradición, aprendizaxe e diversión serán os protagonistas. As iniciativas desenvolveranse entre o 11 e o 20 de decembro, contando con visitas culturais, obradoiros, música e celebracións festivas.
Entre as actividades programadas destacan o Día da Parroquia, a primeira sesión, o mércores 11, cunha visita á Igrexa de Román. Seguirá o xoves o programa educativo Da escola á granxa no Pazo de Vilane, para rematar a semana coa presentación da Galiña de Mos por parte de Avimós. O luns 16 haberá un innovador obradoiro de eco-percusión. Durante esa segunda semana tamén haberá cine, unha visita ao Belén, o esperado xantar de Nadal, e a actuación especial da cantante Lucía Pérez. O peche do programa incluirá un obradoiro de encaixe de bolillos e unha gran celebración final coa Cabalgata de Papa Noel, badaladas de fin de ano e chocolate con churros.
O evento conta coa colaboración de institucións como a Xunta de Galicia, Deputación de Lugo e o Concello de Viveiro, reafirmando o compromiso coa educación e as tradicións.