O CEIP Terra Chá de Vilalba abre este luns o programa de Nadal
Este ano o CEIP Terra Chá organiza unha programación cargada de actividades para este mes de decembro. Obradoiros de cociña, espectáculos musicais, teatrais, cinema de Nadal, visitas culturais ou a industrias do sector primario protagonizan a oferta para estas datas.
As propostas comezan o luns 11 coa actividade Nadal na Terra Cha. Nesta xornada o CEIP Xermade e o CEIP Xermade e o CEIP Terra Chá organizan unha visita ao Belén de Begonte. O martes a protagonista é a cociña a través do Obradoiro do Capón, un taller organizado polo Concello de Vilalba sobre o produto local.
O mércores 13 é o Día do Famoso. Nesta xornada visitarán a escola o cantante Lito da Panorama, César da Orquestra Cinema e o humorista Miguel Mandaio. A programación continúa o xoves coa proposta Nadal en Galicia na que se visitará a Factoría Clesa en Caldas de Rei, o Museo Historia Natural de Galicia, o Belén de Valga.
Os amantes do cinema poderán gozar da actividade Cine de Nadal para ver a produción Wish en Lugo. O martes os cativos poderán gozar do espectáculo A Apalpadora organizado pola Vicepresidencia da Deputación de Lugo. O momento de achegarse ao patrimonio será o mércores 20 coa visita á Igrexa de Román e decoración da mesma. A última actividade será o xoves 21 coa cabalgata de Papá Noel, as badaladas de fin de ano e chocolate con churros para os asistentes.