O CEIP Terra Chá desdobra un aula en infantil debido ao incremento da matrícula

TerraChaXa
Debido ao incremento de matrícula, a Consellería de Educación, considera oportuno desdobrar a unidade infantil de 4º e 5º do CEIP Terra Chá.
ceip terra cha vilalba
7 Nov 2021

Debido ao incremento excepcional de matrícula, a Consellería de Educación, considera oportuno desdobrar a unidade infantil de 4º e 5º do CEIP Terra Chá, que era unha unidade mixta con 20 alumnos en total.

Deste modo, dende mañá, 8 de novembro, pasarán a funcionar como dúas unidades independentes, cada unha co seu titor, e sumado a xa existente unidade de 6º de infantil, o colexio pasa a ser un centro completo na etapa de educación infantil, ó igual que os centros do casco urbán de Vilalba, como os CEIP Mato Vizoso e Insua Bermúdez.

Destaca o feito de que o CEIP Terra Chá vén experimentando un continuo incremento de matrícula na etapa de educación infantil dende o curso 2018/19 cando só había unha unidade mixta para 4º, 5º e 6º de Infantil con 16 alumos en total. En Só dous anos, conta xa coas 3 unidades de infantil, que fan a suma de 31 alumnos, incrementando así a matrícula nun 50%.

Segundo explica o seu director, José Manuel López Barrio, o investimento que se está a facer no centro educativo (parques infantis, mobiliario, profesorado, codiador, aseos integrados en infantil....) continúa e "está dando os seus froitos, así como o trato cercano e familiar, e a participación do centro en programas de innovación e mellora educativa, o que fai que sexa o único centro rural da provincia de Lugo, que presenta a etapa de educación infantil completa".


Warning: Trying to access array offset on value of type null in /var/www/vhosts/editorialtristram.es/httpdocs/wp-content/themes/plosa/stats/stats_chatgpt.php on line 634

Warning: Trying to access array offset on value of type null in /var/www/vhosts/editorialtristram.es/httpdocs/wp-content/themes/plosa/stats/stats_chatgpt.php on line 635
0.17659616470337