O Ceip Terra Chá deseña un programa para promocionar o queixo San Simón
O Ceip Terra Chá de Vilalba e a Denominación de Orixe Protexida San Simón da Costa veñen de deseñar unha campaña para a promoción deste popular queixo a través da súa incorporación ao menú do comedor escolar.
O obxectivo por unha banda é que os nenos e nenas valoren a importancia dun produto moi próximo a eles como é o queixo de San Simón, e tamén a importancia do produto local.
O convenio que firmaron consiste en que o centro comprará entre 4 e 5 queixos ao mes cos que se elaboararán distintos platos para os usuarios do comedor. Ademais, o órgano regulador tamén doará queixos en determinados momentos do curso debido a promoción do mesmo.
O segundo obxectivo está no apoio ao queixeiros locais e facerlles ver que o mercado non se cingue exclusivamente á hostalaría.
Pero haberá tamén outras actividades complementarias no centro como elaboración de receitoas, talleres didácticos sobre o queixo e catas a través do órgano Regulador do Queixo de San Simón.