O alumnado do CEIP Terra Chá traballará con ovellas este curso
O CEIP Terra Chá seguirá experimentando este ano con novos modelos educativos e poñerá en marcha o novo proxecto escolar Os Pastores Pequechos para este curso 2023-2024.
Este programa levarase a cabo tralo éxito acadado co programa do ano anterior, o cal vai continuar para o próximo curso, Mestres gandeiros Galiñas/polos razas autóctonas de Mos, onde participaron arredor de 70 alumnos, en actividades como o cultivo dunha horta ecolóxica e a cría de poliños co obxectivo de transmitir os máis novos a cultura do coidado da terra e da natureza.
O profesorado decide ampliar o proxecto e adentrarse noutra raza autóctona galega como é a ovella galega.
O centro adquirirá dous exemplares da raza ovella galega, e o alumnado verá como é o seu proceso de crianza e os derivados lácteos que se poden obter dela. Tamén recibirán formación específica da man de Asovega coa cal o centro xa está coordinando todo o proceso.
Ademáis, os exemplares de ovella galega terán unha parcela propia, con pasto natural grazas ás posibilidades do centro rural.
Espérase acadar o éxito do ano anterior.