O CEIP Terra Chá fará o venres un desfile de Entroido polas rúas de Román
TerraChaXa
Os alumnos e profesores do CEIP Terra Chá de Román celebrarán o Entroido este venres cun desfile polas rúas da localidade.
23 Feb 2022
Os alumnos e profesores do CEIP Terra Chá de Román celebrarán o Entroido este venres cun desfile polas rúas da localidade, concretamente arredor do centro escolar.
O desfile sairá ás 11.00 horas do colexio e están invitados a participar calquera veciño o membro da comunidade educativa con especial protagonismo da comparsa do alumnado, O Castelo dos Pequechás.
O desfile estará animado pola charanga de Vilalba, Percusiona (a Escola de Música de Guntín) e Os Xingros, grupo tradicional, colaboradores de Luar na Lubre, que se estrean neste desfile.
Haberá tamén entrega de premios ao alumnado e un sorteo de Nadal para pais e nais do colexio.