O Ceip Terra Chá, inmerso na promoción do Xacobeo

TerraChaXa | LugoXa
A comunidade educativa do Ceip Terra Chá de Vilalba leva a cabo este curso un a promoción do Xacobeo 2021-2022 no centro, con actividades e un Camiño de Santiago en gran mural que están a facer os nenos/as e os mestres/as.
49896763_2294506730768651_7165885747755483136_n
17 Xan 2021

A comunidade educativa do Ceip Terra Chá de Vilalba leva a cabo este curso un a promoción do Xacobeo 2021-2022 no centro, con actividades e un Camiño de Santiago en gran mural que están a facer os nenos/as e os mestres/as.

O traballo que están a realizar xa se coñece na Xunta de Galicia, polo que o centro recibiu da Vicepresidencia, tanto para mestres como para nenos/as, produtos do Xacobeo para a súa promoción: plumíferos, sudaderas, chaquetas, chaveiros, máscaras, gorros e bolsas de compra, entre outros.

Deste xeito o Goberno galego quere agradecer o labor feito no centro, tal e como o retrasmitiu o proopio vicepresidente Alfonso Rueda nunha carta adxunta, na que daba a noraboa ós nenos/as.

Os productos para nenos/, serán entregados mediante un sorteo na festa do Entroido.

 

0.13431596755981