O CEIP Terra Chá organiza unhas xornadas de portas abertas

O Ceip Terra Chá de Vilalba celebrará os días 25, 26 e 27 de febreiro unhas xornadas de portas abertas antes de que se inicie o ciclo de matriculación para o novo curso escolar que comezará en setembro.
A sesión terá lugar entre as 10.00 e as 14.30 horas e consistirá nunha visita ao centro acompañados por persoal do centro, quen tamén se encargará de presentar o proxecto educativo, así como as peculiaridades deste colexio rural, que conta con comedor de transporte.
Non será necesario pedir cita previa.