O CEIP Terra Chá presenta na Xunta o acto de celebración do seu 40 aniversario

TerraChaXa
Unha sesión vermú, verbena, una xantar popular e unha escultura son algún dos actos previstos o 22 de marzo
acto-celebracion-40-aniversario-ceip-terra-cha
18 Feb 2025

O Colexio de Educación Infantil e Primaria (CEIP) Terra Chá, situado na parroquia vilalbesa de Román, organiza para o próximo 22 de marzo un acto conmemorativo do seu 40º aniversario.

O delegado territorial da Xunta, Javier Arias, e o director do CEIP, José Manuel López, deron a coñecer as actividades programadas, que contan co apoio do Goberno autonómico. A proposta principal é un xantar popular no que participarán profesorado e alumnado actual xunto con antigos docentes e estudantes, familias e demais persoas que tiveron relación co centro ao longo do tempo. Están previstos preto de 1.100 asistentes.

Ademais do xantar está prevista unha sesión vermú con JB Son e a recreación da verbena galega de antes con Xabi Iglesias e O Xeito sobre las 19.00 horas. Finalizarán cunha verbena aberta ao público con París de Noia e Los Satélites.

Tamén será inaugurada a escultura 40 anos de ensino rural, realizada pola artesá Clara Naseiro; e abrirase unha exposición fotográfica que repasa as catro décadas de historia do colexio, sen faltar varios sorteos.

O delegado puxo ao CEIP Terra Chá como exemplo “do prestixio do ensino no rural galego”, un “modelo de éxito grazas ao traballo e á implicación do profesorado”. Salientou os datos de matrícula do centro, que acumula seis cursos cun notable ascenso. Así, nos últimos seis anos pasouse de 52 alumnos e alumnas de Infantil e Primaria aos 73 actuais.

Por último, Arias apuntou que a modernización das infraestruturas “tamén contribúe a mellorar o sistema educativo tanto nas zonas rurais como nas urbanas”. Nese sentido, destacou as obras de mellora da eficiencia enerxética desenvolvidas neste colexio, cun investimento da Xunta de 204.000 euros.

PORTAS ABERTAS

O CEIP Terra Chá de Vilalba celebrará entre os días 20 e 27 de febreiro unhas xornadas de postas abertas antes de que se inicie o ciclo de matriculación para o novo curso escolar que comezará en setembro.

A sesión terá lugar entre as 10.00 e as 15.00 horas e consistirá nunha visita ao centro acompañados por persoal do mesmo, quen tamén se encargará de presentar o proxecto educativo, así como as peculiaridades deste colexio rural, que conta con comedor de transporte.

cartel-festa-ceip-terra-cha
0.14807891845703