O CEIP Terra Chá promocionará o Camiño Norte cunha andaina o 6
TerraChaXa
A Vicepresidencia de Xustiza e Turismo xunto ao Ceip Terra Chá organizaron unha actividade de promoción da etapa do Camiño Norte.
27 Apr 2022
A Vicepresidencia de Xustiza e Turismo xunto ao Ceip Terra Chá organizaron unha actividade de promoción do Camiño Norte no tramo entre Abadín e Vilalba, concretamente entre Martiñán en Goiriz.
Esta actividade englóbase no programa Pisando o Camiño, dentro do Proxecta Xacobeo, e Escolas no Camiño, deseñado este último exclusivamente polo CEIP Terra Chá.
Así, o día 6 de maio o nenos de infantil, e de 1º e 2º de Primaira percorrerán esta etapa e a maiores gravarase un documental de promoción desta etapa e todo o que conleva o camiño de Snatiago ao seu paso por Vilalba. A maiores haberá unha sesión de contacontos a cargo de Anxo Moure ou Severino.
Actividade pioneira de promoción do Camiño ao seu paso por Vilalba dende o ámbito educativo.