O CEIP Terra Chá recibirá unha achega para crear un circuíto e renovar o mobiliario
O CEIP Terra Chá vén de beneficiarse do programa da Consellería de Medio Ambiente, Territorio e Vivenda Plan Proxecta+ para a construción dun circuíto vial e renovación do mobiliario de descanso.
O Plan Proxecta+ é unha iniciativa en colaboración con diferentes organismos, dirixida a fomentar a innovación educativa nos centros a través de programas educativos que fomenten o traballo cooperativo, interdisciplinar e competencial pero que ademais estean comprometidos coa consecución dos obxectivos de desenvolvemento sostible da Axenda 2030.
Así, realizarán varias melloras no parque infantil do centro, entre as que figuran o pintado dun circuíto vial para infantil con simulacros estradas, señalización; a renovación de mobiliario de descanso (bancos, cadeiras); incorporación de zona axardinada, e incorporación de vehículos para o circuíto vial (motos, coches...).
Ao longo do curso irase incorporando todas estas melloras, segundo avanzan dende o centro. A incorporación da eduación vial é unha dos obxectivos xerais de etapa da nova lei de educación, LOMLOE, que entrará en vigor a nivel curricular o próximo curso.
O centro recibiu da Consellería novos pupitres e cadeiras de diferentes tipos para os cursos 1º2º3º 4ºprimaria e tamén instalou un pasamanos novo adaptado ao alumnado de infantil.