O CEIP Terra Chá reinvéntase para enfocar a formación á produción agrícola e gandeira

TerraChaXa
O CEIP Terra Chá empezará unha nova etapa, un novo xiro educativo, enfocado ó medio rural e a producción agrícola e gandeira.
proxecto ceip terra cha medio rural
23 Xul 2022

O CEIP Terra Chá empezará unha nova etapa de cara o curso 22/23, un novo xiro educativo, enfocado ó medio rural e a producción agrícola e gandeira, de cara a enfocar o alumnado a este sector para o que acometerá unha serie de cambios nas instalacións e que se xeraliza co título Horta e Granxa na Escola.

Como explican dende o centro, este sector "é un dos motores económicos da nosa comarca, con ciclos de FP no IES Terra Chá ou IES San Rosendo, nos cales temos alumnado matrículado nestes ciclos que pasaron polo noso centro".

As novidades que se implantarán no colexio consistirán por unha parte na creación dun horto ecolóxico cun invernadoiro de 5,20m de ancho e 12 de longo, co cal se poderá traballar con maquinaria pesada, "e será dos máis grandes vistos nun centro educativo tanto de primaria como de FP", explican. Será instalado xa a principios de curso, coordinado todo o proceso por un mestre do centro, responsable do seu funcionamento, e onde se plantarán productos do país como, berza, leitugas de diferentes vaiedades, puerros, cebola, allo, remolacha de mesa, apio, xudía, chícharo, perexil, pemento, repolo e coliflor entre outros.

Tamén se creará unha minigranxa con especies autóctonas: Galiña de Mos e Capón de Vilalba. "Con vistas a que o alumnado na súa futura vida adulta se concience da importancia de conservar estas especies, e que haxa relevo xeracional, crearse un centro de crianza destas especies, coordinado por un mestre, e en colaboración con Avimós e Asociación de criadores de Capón de Vilalba", explican.

O CEIP Terra Chá informa de que este proxecto é froito dunha proposta educativa de Claustro e Consello Escolar e ANPA, "para dar un xiro de 360º á educación, fomentando unha educación de proximidade, enfocada o mundo laboral rural, e co cal o centro está traballando coordinadamente coas consellerías de Medio Rural e Territorio e Vivenda, Avimós, Capón de Vilalba, para poñer en marcha este proxecto".

0.12609386444092