O CEIP Terra Chá vólcase cos afectados pola erupción do volcán de La Palma

TerraChaXa
O CEIP Terra Chá de Vilalba iniciou un programa de apoio e axuda ás familias damnificadas polo volcán de La Palma, nas illas Canarias.
colexio terra cha vilalba doazon la palma
30 sep 2021

O centro educativo Terra Chá de Vilalba iniciou un programa de apoio e axuda ás familias damnificadas polo volcán de La Palma, nas illas Canarias.

Este plan de axuda están sendo levado a cabo pola dirección do centro de acordo coa Anpa do mesmo e coa colaboración de veciños. Así o centro educativo enviou como donativo a vaixela en desuso do comedor escolar, que foi cambiada debido á renovación da mesma.

As familias colaboraron con esta iniciativa coa doazón de roupa.

O colexio púxose en contacto co Concello de El Paso, un dos máis afectados pola erupción do volcán, para xestionar a doazón, que chegará ao recinto feiral onde están hospedadas as familias que quedaron sen fogar.

0.1827130317688