O Ceip Veleiro Docampo contará con servizo de Madrugadores

TerraChaXa
O Concello de Castro de Rei quere poñer en marcha o servizo Madrugadores no Ceip Veleiro-Docampo, que se prolongará durante todo o período escolar e que ten como obxectivo conciliar a vida familiar e laboral ofrecendo o coidado do pequeno ata o momento de estar na clase.
Captura de pantalla 2020 09 11 a las 13.49.13
11 sep 2020

O Concello de Castro de Rei quere poñer en marcha o servizo Madrugadores no Ceip Veleiro-Docampo, que se prolongará durante todo o período escolar e que ten como obxectivo conciliar a vida familiar e laboral ofrecendo o coidado do pequeno ata o momento de estar na clase.

Este servizo realizarase de luns a venres, agás os días non lectivos, en horario de8.00 a 9.15, momento de entrada dos pequenos á aula. Está dirixida a todos aqueles entre 3 e 12 anos.

Neste tempo tamén poderán tomar o almorzo que lles proporcionen as familias ou simplemente realizar as actividades previstas antes do comezo das clases que estarán dirixidas principalmente a hábitos sociais, eduación para a saúde, para a convivencia e educación para o lecer.

As inscricións para os interesados neste servizo pode facerse no rexistro municipal do Concello de Castro de Rei.

0.16333198547363