O Ceip Virxe do Corpiño de Begonte terá novo horario e instaurará o Plan Madruga

TerraChaXa
O Ceip Virxe do Corpiño de Begonte terá novo horario durante este curso escolar para mellorar a conciliación familiar.
118824908_349233843124146_7796158777443803853_n
8 sep 2020

O Ceip Virxe do Corpiño de Begonte terá novo horario durante este curso escolar para mellorar a conciliación familiar.

Así, haberá dúas quendas lectivas, o de mañá de 9.30 a 13.30 e o de tarde de 15.00 a 16.00 horas. Haberá un parón para o comedor de 13.30 a 15.00 horas.

Ademais, teñen previsto instaurar o Plan Madruga, un servizo que permite a garda dos pequenos antes de que comece o horario escolar e que ten como obxectivo compaxinar os horarios de entrada no cole cos horarios de entrada ao traballo e mellorar a conciliación da vida familiar e laboral da  comunidade educativa.

O Plan Madruga contempla que os nenos estean atendidos por unha mestra nun espazo do propio colexio, no horario comprendido entre as 08:30 e as 09:30, hora de comezo das clases. Aquelas familias interesadas en facer uso deste servizo, terán información en próximas datas na páxina web do concello e na páxina web do colexio.

ADAPTACIÓN AO COVID

Por outra banda o colexio fixo público o seu plan de adaptación a covid que pode consultarse na páxina web da Consellería de Educación da Xunta de Galicia.

Nela recóllense as medidas de prevención básicas de limpeza e de organización interna, así como, o uso de laboratorios talleres comedor e transporte entre outras.

Así mesmo, estableceron o protocolo para as actuacións trala aparción dun gromo e para o período de actividade lectiva non presencial no caso de ter que volver ao confinamento.

Finalmente, engade un plan de acollida emocional do alumno no que recolle unha formación en competencia dixital e unha guía de atención aos aspectos emocionais e sociais.

 

0.17890310287476