O CEIP Virxe do Corpiño fará un proxecto en común cun centro de Canadá
A Consellería de Cultura, Educación e Universidade selecciona de novo ao CEIP Plurilingüe Virxe do Corpiño para participar no Programa de Innovación Educativa de Intercambios Escolares EduExchanges.
Trátase dun programa para a promoción dos intercambios en liña entre alumnado de 5º e 6º de Primaria de centros educativos galegos e outros centros educativos do estranxeiro, o que axudará a crear e consolidar proxectos de cooperación educativa e asociacións entre eles e nós.
No caso do noso centro, empernderán, no segundo trimestre do presente curso, un proxecto común relacionado co coidado do medio ambiente co Alta Vista Public School de Ottawa (Canadá).
É un proxecto enmarcado na Estratexia Galega de Linguas Estranxeiras, Edulingüe 2030, na súa liña de impacto 8, Acción para a mellora da competencia comunicativa: mobilidades e intercambios.