O CEIP Virxe do Corpiño firmou un convenio de colaboración co Politécnico de Lugo

TerraChaXa
12 Nov 2019

O Ceip Virxe do Corpiño de Begonte vén de anunciar un convenio de colaboración co CIFP Politécnico de Lugo, o que xerará sinerxias positivas entre ambos centros.

Cos este acordo o Virxe do Corpiño recibirá todo o apoio e soporte necesario para o desenvolvemento do programa de introducción á robótica educativa en Educación Infantil e Primaria e a creación e posta en funcionamento da Aula Maker do centro.

O devandito acordo supón medidas concretas, como a dotación dun ordenador, 7 robots educativos entre eles dous MBot Ranger e cinco Escornabots, unha impresora 3D, soporte para o mantemento e reparación de equipos e formación de mestres e alumnado.

Asimesmo, o alumnado do Ceip, a través do programa Atrévete da Consellería de Educación visitará as instalacións do CIFP Politécnico de Lugo para traballar o espírito emprendedor e coñecer e experimentar nos diferentes talleres o traballo que se desenvolve no centro.

Por outra banda, fai uns días falaban da inclusión do centro no programa Digicraft, e novamente foron seleccionados pola Consellería de Educación para participar no programa de innovación Introducción á robótica educativa na Educación Primaria.

O programa ten como principal obxectivo que o alumnado poida iniciarse na experiencia de programación básica, robótica e construción. Supón, de novo unha importante dotación para o colexio xa que incluirá 6 robots de uso educativo, adecuados ás idades do alumnado e 6 kits de construción, que permiten a realización dun mínimo de 5 proxectos diferentes.

0.093279838562012