O Celta Barreiros poñerá autobús de balde a todos aqueles que queiran acompañalos na fase de ascenso

TerraChaXa | AMariñaXa
A directiva do C.
fiv2019
9 Abr 2019

A directiva do C.F. Celta Barreiros invita a socios e afeccionados a asistir o vindeiro domingo, 14 de abril, ao partido que o enfrontará ao AD Matela, na fase de ascenso a segunda rexional.
O equipo barreirense gañou 2-0 na casa, “entón imos con moita ilusión o domingo a ver este encontro e queremos que moitos socios, socias e afeccionados en xeral nos acompañen”, sinalan desde a propia directiva.
Haberá autobús e entrada de balde para todas as persoas que se animen a viaxar o vindeiro domingo co Celta Barreiros. O bus sairá ás tres da tarde das inmediacións do restaurante O Asador, na Cruz do Lobo.

0.085052967071533